Publicador de contidos

Publicador de contidos

Enfado de Fredi tras a derrota en Burgos: "Difícil gañar con erros flagrantes"

Enfado de Fredi tras a derrota en Burgos: "Difícil gañar con erros flagrantes"

O Celta Fortuna perdeu 2-1 co Burgos concedendo moito da segunda metade

G24.gal 07/11/2026 19:41

O Celta Fortuna está pagando caras as novatadas na Segunda división e iso non gustou nada ao seu adestrador, Fredi Álvarez. O técnico agardaba, como así foi, un partido moi agresivo por parte do Burgos. Os celestes conseguiron poñerse por diante no marcador, pero unha semana máis, non foron quen de manter a vantaxe, algo que non gusta nada ao moañés. 

Se estes rapaces queren chegar ao primeiro equipo, teñen que entender que teñen que facer cousas que non estamos facendo. 

Co 0-1 no marcador, o Fortuna comezou a padecer as chegadas do Burgos, claramente de menos a máis e experto en remontar partidos. "O Burgos foi superior na segunda metade e non hai nada máis que dicir", sentenciaba Fredi. Dous goles locais na segunda metade deixaban aos celestes sen sumar. "Erros flagrantes cos que é difícil que gañemos partidos nesta categoría". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade