Unha mala segunda metade condena o Fortuna ante o Burgos (1-2)
Adiantáranse os de Fredi Álvarez no 11' cun gran gol de Álvaro Marín
Un Fortuna mermado polas baixas perdeu o impulso na segunda metade
Partido serio en Burgos do Celta Fortuna, que está a pagar caro as baixas. O que non perde a forma é Álvaro Marín, que hoxe volveu marcar (e leva xa oito na súa conta persoal) e adiantou aos celestes no Plantío logo dunha gran asistencia de Aldrine Kibet. Co 0-1 vivían tranquilos os de Fredi Álvarez. Mesmo Coke Carrillo baixo paus tivo pouco traballo, máis alá dun disparo de Fores, que foi o máis perigoso do Burgos, incapaz de desfacerse da boa defensa do Fortuna.
A segunda metade foi outra cousa. Os vigueses comezaron a acusar a falta de cambios. Mudou Fredi o cadro para situarse nun bloque baixo no que o Burgos comezou a ter máis balón e facer sufrir ao Fortuna. Das xogadas directas dos burgaleses chegou primeiro o empate, no 67', por medio de Curro Sánchez. Buscaron os celestes ter máis o balón para controlar o partido, pero nun desaxuste da defensa chegou a remonta local co gol de Álex Fores ante uns recén ingresados Meixús e Noah.
Con 1-2, o Celta Fortuna pensa xa no Albacete da vindeira xornada, onde non poderán estar Joel López, Adrià Capdevila nin Quique Ribes por acumulación de cartóns amarelos.