Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suspendido o Tenerife-Andorra ao caer derrubado De Miguel tras un choque con Owono

Suspendido o Tenerife-Andorra ao caer derrubado De Miguel tras un choque con Owono

De Miguel foi evacuado do terreo de xogo en ambulancia

Atópase ingresado na UCI e "estable, dentro da gravidade" segundo o club

Foto LaLiga Foto LaLiga
G24.gal 02/11/2026 17:27 Última actualización 02/11/2026 17:34

O partido que disputaban este luns no estadio Heliodoro Rodríguez López o Tenerife e o Andorra foi suspendido no minuto 108, tras un choque entre o dianteiro do equipo local Jesús de Miguel e o porteiro, Jesús Owono, no que o primeiro caeu derrubado ao céspede e necesitou que o evacuasen.

O árbitro do encontro da duodécima xornada de LaLiga Hypermotion detivo o xogo tras ese lance e rapidamente os xogadores de ambos os equipos pediron a entrada ao céspede das asistencias médicas tras ver o estado de Jesús de Miguel, que caeu, aparentemente inconsciente, tras o golpe co gardameta do Andorra.

De Miguel foi evacuado do terreo de xogo en ambulancia. No momento do choque entre os dous xogadores, o resultado do partido era de empate a dous goles, despois de que o Andorra remontase un 2-0 en contra tantos nos minutos 80 e 87. A acción en que o dianteiro do Tenerife resultou lesionado, pola que foi expulsado Owono, produciuse cando Jesús de Miguel corría desde o centro do campo tras un balón para iniciar un contraataque. O porteiro do Andorra saíu moitos metros da súa área para intentar contrarrestar esa xogada, saltou cara a De Miguel e golpeouno na cara.

Agora recupérase do choque na UCI do Hospital Universitario Nuestra Señora de Candelaria. O club informou de que se atopa "estable, dentro da gravidade". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar