O Eibar remata ao Celta Fortuna na primeira metade (0-4)
O equipo guipuscoano, 2º clasificado, moi superior aos celestes
Fredi Álvarez acabou expulsado con dobre amarelo por protestar
Non foi a noite do Celta Fortuna, que encaixou catro goles en Balaídos nos primeiros 45 minutos e non foi quen de facer fronte a un Eibar moi superior. O equipo guipuscoano, con gran efectividade, abriu o marcador no minuto 8 e a sensación era que a defensa celeste non tiña capacidade de reacción ante as embestidas rivais. Marcaron para o Eibar Magunazelaia, Adu Ares e Guruzeta en dúas ocasións.
Xa na segunda metade, o Fortuna chegou con maior claridade á área rival e tivo oportunidades de marcar, sobre todo por medio de Hugo Cuenca, que foi dos mellores celestes neste partido. O Eibar deu algún respiro, pero aínda así a febleza defensiva condenou ao Celta.
Fredi Álvarez, técnico do Celta Fortuna, foi expulsado no minuto 53 logo de recibir dous cartóns amarelos por protestarlle ao árbitro. O filial celeste suma a segunda derrota da temporada.