Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dura derrota do Celta Fortuna en Xirona (5-1)

Dura derrota do Celta Fortuna en Xirona (5-1)

Os vigueses volveron conceder moito en defensa e remataron con dez por expulsión de Meixús

A mellor noticia do partido foi a estrea de Bajcetic co filial

G24.gal 24/10/2026 20:24

Durou 17 minutos o sistema defensivo do Celta Fortuna en Montilivi. Unha acción de Morey pola banda dereita do ataque xironí chegou a posición e remate de Unai Hernández, que non acerta cara a gol, pero sí na conexión con Vladyslav Vanat. o ucraíno non perdoa e bate a Coke Carrillo.

No dous a cero os dianteiros do Xirona troaron os roles. O que despexa mal é Meixús, o que aguanta o pase é Vanat e o que culmina a acción é Unai Hernández. 2-0.

E a xogada que acabou por decicir o choque a prol dos cataláns foi un penalti do capitán celeste, que en principio non asubiou o colexiado José Luis Guzmán; revisa o VAR a acción e decide pitar penalti e expusa a Meixús.

Lanza Vanat á media hora de xogo, engana a Carrillo e marca o tres a cero.

O ex-céltico Carles Pérez marcou un golazo desde a frontal no treito final da primeira metade. O catro a cero e unha acción de Germain Milla que acabaou sen premio para o camerunés pechou a primeira metade.

Na continuación o partido seguiu polo mesmo camiño, e Vanat axiña completaba o seu hat trick cunha boa acción na área.

O gol da honra do Fortuna meteuno Óscar Marcos, nun partido que o mellor que deixou foi a estrea de Bajcetic, logo da súa longa lesión.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade