Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álvaro Marín e Enric Gallego, duelo de goleadores en Balaídos

Álvaro Marín e Enric Gallego, duelo de goleadores en Balaídos

O Celta Fortuna pecha a xornada de Segunda recibindo o Tenerife (20:30 horas) 

O tinerfeño Enric Gallego (6 goles) e o celeste Álvaro Marín (5 goles) son dous dos mellores realizadores da Liga

G24.gal 19/10/2026 11:30

O Celta Fortuna-Tenerife (luns, 20:30, Balaídos) será un duelo de goleadores entre Enric Gallego e Álvaro Marín. O veterano Gallego (40 anos) é o máximo goleador da categoría con 6 tantos e a peza chave en ataque do equipo canario. No Celta Fortuna destaca no aspecto goleador o dianteiro de Cintruénigo Álvaro Marín. A temporada pasada, a primeira no filial, fixo 10 goles e nunha categoría superior xa leva a metade, cinco.

Os dous conxuntos son vellos coñecidos; compartiron traxectoria acadando o ascenso desde a Primeira Federación o ano pasado e cun bo rendemento neste inicio de torneo. Nin Fortuna nin Tenerife fixeron grandes revolucións nin grandes fichaxes e mantiveron o equipo polo que se coñecen case de memoria. 

O Celta Fortuna (11 puntos) rachou a semana pasada diante da Real Sociedade B unha serie de catro partidos sen gañar. O Tenerife comezou moi ben, con tres triunfos nos cinco primeiros partidos, pero agora encadea outros catro sen gañar (2 puntos de 12). Como visitante foi quen de gañar o campo do Éibar, equipo que está pelexando nos postos altos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade