Cargando resultados...
As Palmas destitúe a Rubén de la Barrera
Sufriu 3 derrotas nas 4 últimas xornadas
O equipo é 15º clasificado, con 3 puntos sobre o descenso
G24.gal
13/10/2026 09:52
O adestrador coruñés Rubén de la Barrera foi destituído na U. D. As Palmas logo de sufrir ante o Mallorca a terceira derrota nas catro últimas xornadas de liga.
O equipo canario é 15º clasificado, con tres puntos de vantaxe sobre a zona de descenso e a cinco puntos da promoción de ascenso. Van disputadas nove xornadas de liga e As Palmas logrou 11 puntos de 27 posibles (3 vitorias, 2 empates, 4 derrotas).
Rubén de la Barrera chegou esta tempada ao club canario logo do seu paso pola Cultural Leonesa (2025-26).