O Celta Fortuna viaxa a Cádiz para facer historia
O filial celeste fará o seu debut histórico na Segunda División
O Cádiz acaba de cambiar de adestrador e será o debut de Celades no banco
Burcio, Antañón e Anxo baixan ante o aprazamento do primeiro equipo
O Celta Fortuna viaxa a Cádiz sabendo que co pitido inicial xa farán historia. Os de Fredi van ser os primeiros en xogar Segunda División co filial celeste. O adestrador avisa de que "non son a cincenta" da categoría de prata e marca o obxectivo en facer chegar xogadores ao primeiro equipo, pero querendo tamén manter a categoría.
A única baixa dos de Fredi é Vlad Silva, que non estará por motivos burocráticos. Como representante da plantilla, o capitán, Pablo Meixús, fixo declaracións sobre o encontro. Asegura que hai "moitas ganas e moita ilusión por arrancar unha temapada histórica para todos" Tamén comentou que non sinte que haxa nervos e que "van ter que apertar e non relaxarse".
Sobre a saída de Idiakez e a chegada de Celades, Fredi comentou que van ter un partido a cegas.
"Viñamos analizando o que viña facendo o Cádiz con Idiakez e agora afrontamos un partido a cegas sen saber que vai plantexar Celades. Ímonos ter que adaptar ao que atopemos alí, como xa fixemos en varios partidos do ano pasado".
No encontro poderán estar Hugo Burcio, Andrés Antañón e Anxo Rodríguez, xogadores con ficha B que fixeron toda a pretempada ás ordes de Claudio Giráldez co primeiro equipo.
O partido que marca o fito do debut en Segunda será este sábado 15 ás 19:00 da tarde no JP Financial Estadio.