Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Román pasará polo quirófano, e estará entre catro e seis semanas de baixa

Miguel Román pasará polo quirófano, e estará entre catro e seis semanas de baixa

O xogador do Celta será sometido nos próximos días a unha artroscopia

Á lesión de Román súmase a de Sebastián Cáceres durante a concentración da selección uruguaia

G24.gal 29/09/2026 18:17 Última actualización 29/09/2026 18:22

Segundo o Celta, Miguel Román presenta un corpo libre articular no seu xeonllo dereito, segundo revelan as probas médicas ás que foi sometido tras a dor aguda que sufriu durante o adestramento de onte na Cidade Deportiva Afouteza.

O xogador celeste, que experimentou as molestias tras un golpeo de balón, foi sometido a unha exploración clínica e a unha resonancia magnética que confirmaron a presenza dun corpo libre articular cuxo tamaño fai necesario o seu tratamento cirúrxico para a súa extracción mediante artroscopia.

A cirurxía será levada a cabo nos próximos días polo xefe dos servizos médicos do club, o Dr. Juan José García Cota. En ausencia de complicacións, estímase un período de baixa de entre 4 e 6 semanas.

Miguel Román incorporouse a tempada pasada ao primeiro equipo desde o filial e converteuse rapidamente nunha peza indispensable para Giráldez, quen o perdeu na recta final do curso por unha lesión nun pé da que tivo que ser operado.

 

Aínda por riba, á lesión de Román sumouse a de Sebastián Cáceres durante a concentración da selección uruguaia. O defensa central do Celta non participou no amigable que o combinado charrúa disputou contra Corea do Sur debido a "problemas físicos" que a federación uruguaia non detalla. Á espera de coñecer o tipo e o alcance da lesión, o futbolista está a viaxar a tal hora de regreso a Vigo para ser tratado polos servizos médicos do Celta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar