Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este é o Celta menos goleado en 24 anos

Este é o Celta menos goleado en 24 anos

É a tempada en con menos goles encaixados (6) nas sete primeiras xornadas dende a 2002/03

Radu suma 21 paradas, a unha media de tres por partido

Foto Celta Foto Celta
G24.gal 28/09/2026 12:59 Última actualización 28/09/2026 13:08

O Celta, conxuntamente co Alavés e o Athletic Club, é o equipo menos goleado de Primeira División, con seis dianas, despois dos sete primeiros partidos (0,85 de media).

O dato convértelle no conxunto celeste menos goleado dos últimos 24 anos a estas alturas de campionato. É un rexistro que só o mellora o Celta de Lotina do curso 02/03, cando unicamente encaixaran catro dianas nos mesmos partidos. Desde entón, todo os números defensivos na máxima categoría foran peores.

En total, recibiu tres goles en xogo aberto, dous de saque de córner e un de penalti, todos eles dentro da área, sendo capaz de manter a portería a cero en tres ocasións. Este paso adiante vén xerado polas garantías que Ionut Andrei Radu ofrece baixo os paus, con intervencións decisivas. O romanés acumula 21 paradas, a unha media de tres por partido, oito delas dentro da área e 13 desde fóra.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade