Publicador de contidos

Publicador de contidos

A bancada de Tribuna de Balaídos levará o nome de Iago Aspas

A bancada de Tribuna de Balaídos levará o nome de Iago Aspas

Anunciouno o alcalde, que argumenta que o espazo "xa está operativo, é a de máis capacidade e que a estatua ao moañés se colocará diante da bancada"

G24.gal 23/09/2026 14:28 Última actualización 23/09/2026 14:36

Abel Caballero anunciouno esta mañá.

"Iago Aspas é o xogador máis referente na historia o Celta e despois de que moita xente pedíseme que lle puxese o seu nome a unha bancada, tomei a decisión de que a bancada de tribuna será Bancada de Tribuna Iago Aspas", comentou nun vídeo remitido aos medios de comunicación.

O rexedor explica os tres motivos principais desta determinación.

"Primeiro, porque xa está operativa e, por tanto, o nome é inmediato; porque vai ser a bancada con máis capacidade e porque a estatua que o Concello lle vai a poñer a Iago Aspas irá alí diante; por tanto, todo encaixa".

O alcalde entende que será "de forma inmediata". No entanto, o alcalde precisa que lles pedirá "a conformidade a Iago e ao Celta e tan pronto a dean e de forma inmediata", asinarei o decreto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade