Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Eterno 10', de Sergio Portela, é o deseño gañador escultura dedicada a Iago Aspas

'Eterno 10', de Sergio Portela, é o deseño gañador escultura dedicada a Iago Aspas

A escultura realizarase en fundición de bronce artístico, cunha altura de 1,76 centímetros

Foto Concello de Vigo Foto Concello de Vigo
G24.gal 18/11/2026 13:47 Última actualización 18/11/2026 13:56

'Eterno 10', de Sergio Portela Campos, é o deseño gañador do concurso convocado polo Concello de Vigo para realizar unha escultura dedicada a Iago Aspas en recoñecemento á súa traxectoria.

En segundo lugar quedou a proposta 'Orgullo celeste', de José Manuel García, e, en terceiro,  'El Triunfo' de Ramón Ángel Conde Bermúdez. O gañador realizará a escultura e recibirá 9.000 euros, o segundo premio recibirá 4.000 euros e o terceiro 2.000 euros. 

No acto de apertura dos sobres, o xurado explicou que, unha vez coñecida a autoría das obras, procedía a comprobar a documentación presentada e agradeceu a participación no concurso, no que se recibiron 19 propostas. 

A escultura realizarase en fundición de bronce artístico -cobre e estaño-, cunha altura de 1,76 centímetros. O concurso municipal ten un orzamento total de 295.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade