Os accionistas do Deportivo aproban por unanimidade as contas do exercicio 2025-26
“Todos os acordos adoptáronse por unha maioría do 99,86% do capital e por unanimidade dos accionistas presentes en la Junta”, destaca a entidade presidida por Juan Carlos Escotet
Foto Celta
A Xunta Xenerala Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña S.A.D aprobou este martes por unanimidade as contas da tempada 2025-26, así como a renovación do seu consello de administración.
“Todos os acordos adoptáronse por unha maioría do 99,86% do capital e por unanimidade dos accionistas presentes en la Junta”, destaca a entidade presidida por Juan Carlos Escotet.
O ascenso a Primeira División disparou o custo salarial do persoal por encima dos 19 millóns de euros, mentres que o patrimonio neto do club alcanza unha cifra marca tras pasar de 55,74 millóns a algo máis de 72 millóns de euros.
Durante a Xunta Xeral Ordinaria votouse de forma independente a reelección de cada un dos cargos do consello que venceran polo transcurso do prazo estatutario de 2 anos: os conselleiros Juan Carlos Escotet, Massimo Adalberto Benassi, Marta Fernández Currás e Benito Couceiro Naveira.
Tamén, por ampla maioría, renovouse o consello de administración do Deportivo, que seguirá presidido por Escotet e redúcese a seis despois da saída de José Vicente Fernández, e aprobouse a retribución dos seus membros.