Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidalgo valora o empate co Español: "Contento con Leo, necesitábao"

Hidalgo valora o empate co Español: "Contento con Leo, necesitábao"

O técnico explicou o cambio de Yeremay: "leva uns días con gastroenterite"

Valorou o empate "nun campo complicadísimo"

G24.gal 07/11/2026 20:03

Empate 0-0 do Deportivo en Cornellà, o que supón a primeira portería a cero no que levamos de competición, e Antonio Hidalgo amosábase contento co seu porteiro. "Leo sostivo ao equipo neste partido. Precisaba un partido así". 

O técnico valorou positivamente este empate na visita ao Español, polo que supón puntuar "nun campo complicadísimo que che xera moito estrés". O equipo catalán foi máis propositivo e obrigou ao Dépor a xogar moito polas bandas e ás costas das defensas rivais. Hidalgo apurou a resaltar a competitividade dos seus e a boa defensa, que hoxe foi clave para poder sumar. 

En canto aos cambios que fixo nada máis comezar a segunda metade, Aubameyang e Villares por Yeremay e Luismi Cruz, explicou: "Yere leva un par de días con gastroenterite e non se atopaba ao 100% e Luismi tiña unha tarxeta. Había que tomar decisións e pensamos que esas foron as oportunas". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade