Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve o factor Aubameyang: vitoria do Dépor ante Osasuna 2-1

Volve o factor Aubameyang: vitoria do Dépor ante Osasuna 2-1

Marcaron Mario Soriano e Nsongo Bil

Minutos para Aubameyang, xa recuperado da lesión

G24.gal 02/11/2026 21:52

Pechaba o Deportivo da Coruña esta noite a xornada 11 na primeira división, coa ilusión de ver a Aubameyang na convocatoria e aos seus grandes nomes sobre o terreo. Notábase no xogo. Os coruñeses saíron enchufados e nos primeiros minutos metéronlle o medo no corpo a Osasuna. Yeremai tivo o seu gol, ou goles, nos primeiros 10 minutos, pero perdoou dúas boas xogadas man a man co porteiro.

Mentres o Dépor desprezaba os agasallos do rival, o Osasuna aproveitou un mal pase de Leo Román, que trataba de comezar a xogada desde a portería, para adiantarse no marcador. Non faltou Budimir á súa cita co gol. 

Empatou Mario Soriano grazas a unha falta no bordo da área. Tócalla en curto Luismi Cruz, que lle deixa o balón centrado para que madrileño golpee raso e supere ao porteiro. Estivo tamén o segundo gol a piques de chegar nun lanzamento de falta de Luismi que bate no longueiro. 

Difícil dicir se celebrou máis o deportivismo o gol de Mario Soriano ou a entrada de Aubameyang no campo. Dos 26.831 seareiros presentes hoxe en Riazor, todos fixeron ver o agardado do regreso do seu goleador. O gabonés volvía recuperado da súa lesión e xogou vinte minutos, nos que o Deportivo volveu recuperar os bos minutos do inicio e tivo máis e mellores oportunidades que os navarros. 

Non marcou Aubameyang, pero o factor Auba estaba xa en marcha. Unha boa xogada de Traoré pola dereita remata na cabeza do gabonés, que obriga ao porteiro a tirarse. O rexeite cáelle a Nsongo Bil, moi atento, que culmina a remonta e pon o 2-1 definitivo. O Deportivo da Coruña volve sumar de tres e ponse 8º con 14 puntos. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade