Hidalgo: "O Metropolitano ilusiona, cos grandes sempre hai un plus de motivación"
O equipo coruñés recupera a Amatucci
O Atlético de Madrid suma cinco vitorias seguidas
O Deportivo calibra este sábado no Metropolitano o bo estado de forma do Atlético de Madrid, que suma seis vitorias consecutivas.
"É un escenario grande e fermoso que ilusiona a todos. Todos os partidos son dunha enorme motivación pero contra os grandes sempre hai un plus", sinalou Antonio Hidalgo.
O adestrador do equipo coruñés non confirmou a titularidade de Leo Román ("Non vou contestar, os xogadores saberano hora e media antes do partido") e debullou o cambio de posición de Yeremay esta tempada ("entende mellor o xogo, é moi diferencial, esa cabeza móvese para ser máis indetectable para os rivais").
O Deportivo, que recupera a Amatucci pero chegará na defensa coa última baixa por lesión de Bright Ede, acumula cinco xornadas sen gañar. Logrou 3 puntos dos últimos 15 posibles.