Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bajcetic entra por vez primeira nunha convocatoria do Celta Fortuna

Bajcetic entra por vez primeira nunha convocatoria do Celta Fortuna

Fredi confirma que terá minutos ante o Xirona

Germain Milla e Ángel Arcos viaxan dende Glasgow 

G24.gal 23/10/2026 11:54

Stefan Bajcetic é a gran novidade da convocatoria do Celta Fortuna para xogar mañá en Xirona. É a primeira vez que esta tempada aparece na lista do filial celeste. Castigado polas lesións -non xoga dende maio de 2025, cando militaba nas Palmas-, o centrocampista vigués ten por fin a oportunidade de debutar co Celta Fortuna. 

"A idea é que empece a ter minutos. Ten que ser unha adaptación moderada ao ritmo de competición. Que xogue dez ou quince minutos. E logo que vaia crecendo na minutaxe", explicou o adestrador, Fredi Álvarez.  

Tamén estarán co Celta Fortuna, Germain Milla e Ángel Arcos, que viaxarán dende Glasgow cara a Xirona para incorporarse á expedición.

O conxunto galego examínase en Montilivi ante un dos candidatos ao ascenso. O Xirona, con ex xogadores do Celta como Beltrán e Carles Pérez, suma cinco xornadas sen perder e vai quinto clasificado.

"Somos conscientes da dificultade. É un equipo que mantivo moitísimos xogadores da tempada pasada, hai dúas campañas estaba en Champions, candidato ao ascenso directo... Pero é un dos partidos máis apetecibles. Non temos medo", afirmou Fredi.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade