Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javi Rodríguez guía o Celta cara a vitoria no Celtic Park (1-2)

Javi Rodríguez guía o Celta cara a vitoria no Celtic Park (1-2)

Dous goles do central de Poio en tres minutos danlle a volta ao partido

Primeira vitoria do Celta nesta temporada de Europa League

G24.gal 22/10/2026 22:07

Non era un partido máis. 3000 seareiros do Celta en Glasgow daban boa conta disto, o maior desprazamento fóra dos afeccionados celestes nesta Europa League. Ganas de fútbol e de irmandamento céltico cos escoceses e moi bo ambiente polas rúas de Glasgow. 

Logo dunha primeira metade moi igualada en canto a intencións, o Celtic adiantouse nada máis saír dos vestiarios por medio de Mika Baur. Minuto 47' e o Celta na obriga de remonta. E cando máis falta facían os goles, apareceu Javi Rodríguez.

Gustoulle marcar o outro día diante do Alavés e hoxe asinou un dobrete en tres minutos para darlle a volta ao partido cando máis o necesitaba o equipo. Estaba xogando ben o Celta, que non baixou os brazos co gol en contra, cando o central, que acababa de renovar co club da súa vida ata 2030, se converteu en goleador dos vigueses no Celtic Park.

Mención honorífica para Hugo Álvarez, que mantivo o control do equipo con balón durante os 90 minutos. O Celta soubo aguantar o resultado nos minutos finais e sumou así a primeira vitoria nesta temporada na Europa League. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade