Cargando resultados...
A boa defensa do Baxi non frea as vixentes campioas da Eurocup na Malata (42-85)
O Mersin turco gaña na Malata cun gran último cuarto
O Baxi segue sen sumar na Eurocup
G24.gal
21/10/2026 21:59
Segunda derrota para o Baxi Ferrol na Eurocup Women, desta vez ante un duro rival, que opta a gañar a competición por segunda temporada consecutiva. Malia a boa defensa das ferrolás, o Mersin de Turquía atopou os ocos e fixo valer esa superioridade sobre a pista da Malata. Estiveron tamén moi seguras na defensa e apenas permitiron ao Baxi facer puntos.
As de Lino López non puideron impoñerse en ningún dos parciais. Maggie Doogan liderou ao equipo ferrolán con 14 puntos e 7 rebotes.
Foi tamén o partido de regreso de Gala Mestres logo da súa baixa por maternidade.