Boas sensacións, pero mal resultado do Ensino no debut en Eurocup (89-64)
O Montpellier fixo valer a súa superioridade desde o primeiro cuarto
As luguesas metéronse no partido despois do descanso
Non era unha saída doada a que lle tocaba ao Ensino neste primeiro partido da Eurocup. Abría a fase de grupos en Lattes ante o Montpellier, actual colíder da liga francesa. A dificultade estaba á altura da ilusión dun Ensino por volver a Europa por segunda vez na súa historia.
O Montpellier comezou gañando desde o primeiro momento, todos os parciais foron franceses. O Ensino aguantaba ben en defensa e non permitía unha fuxida temperá das súas rivais, pero un segundo parcial a cero do Ensino permitiu ao Montepellier coller moita distancia.
A saída do tempo de lecer foi o mellor momento do Ensino, que puxo contra as cordas a vantaxe do Montpellier, pero non foi suficiente para salvar o partido. O cuarto e definitivo tempo foi de novo unha mostra de poderío das francesas.
O debut do Ensino nesta Eurocup non foi o desexado, pero deixa a un lado o partido máis complexo da fase de grupos.