O Baxi Ferrol non pode co Olympiacos en Atenas (96-68)
Perde no primeiro partido da fase de grupos da Eurocup
Faltou a puntería desde o tiro de 3 e a defensa
Comezaba o Baxi Ferrol esta fase de grupos da Eurocup Women nun escenario complicado como Atenas. O Olympiacos, un equipo moi compacto e de nivel, non lle puxo as cousas doadas.
Aguantaron o ritmo as ferrolás os dous primieros cuartos por debaixo do marcador, tratando de facer dano ao Olympiacos desde o tiro exterior. O que noutras ocasións é a virtude deste Baxi de Lino López, non foi hoxe o máis brillante. Tampouco a defensa, que nos soubo como frenar a un equipo grego que chegaba baixo a rede con moita facilidade e que tivo tamén máis acerto de 3.
Claire Melia, con 9 puntos, 9 rebotes, 5 asistencias e 20 de valoración, foi a mellor de Ferrol.