Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mella: "Estou fisicamente ao 99 %, fáltame o 1 % de chispa"

Mella: "Estou fisicamente ao 99 %, fáltame o 1 % de chispa"

O canteirán cualifica de "incrible" o inicio de liga do equipo

O Deportivo xoga o venres en Riazor contra o Levante

G24.gal 14/10/2026 12:21

"Estou fisicamente ao 99 %, fáltame o 1 % de chispiña e de ritmo de partido". David Mella confirmou que a grave lesión que sufriu a tempada pasada está esquecida. Foron meses recuperándose da rotura de ligamentos no xeonllo esquerdo. Leva meses sen dor. E David Mella xa foi titular co Deportivo nas dúas últimas xornadas.

Logo do gran comezo de liga, e castigado recentemente polas lesións, o equipo coruñés só logrou dous puntos dos últimos doce posibles. Mella non está preocupado: "Contra a Real Sociedade quedas ás portas de rascar algún punto pero o inicio de tempada é incrible.  Tentaremos non ver a ningún rival nin superior nin inferior. O do Levante vai ser un partido bastante competido".

O Deportivo xoga o venres en Riazor contra o Levante cun reto: gañar en Riazor -só unha vitoria en catro partidos este curso- e liquidar a serie de catro xornadas seguidas sen vencer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade