O Rácing gaña en Riazor cun gol de Ropero (0-1)
Os locais comezaron mellor, pero os verdes souberon sobrepoñerse
Ropero marcou ao fío do descanso
O Rácing quedou con dez aos 66 minutos
O Fabril pediu un penalti na compensación
O Fabril arrancou mellor e a primeira media hora foi súa. Con ocasións de Fraga e Quique Teijo. Pero pasada esa media hora, o Rácing axustou a presión e comezou a dificultar á saida fabrilista. Os locais comezaron a perder a pelota con celeridade e os verdes fóronnos metendo atrás. No último cuarto de hora, o Rácing foi mellor. Moveu fácil e encontrou as vantaxes. Avisou primeiro cunha ocasión de Ojeda e golpeou, a un minuto do descanso, nunha acción de fortuna, un rexeite que acabou nas bota de Ropero. Co gol psicolóxico de Ropero e a sensación dun Rácing que ía a máis chegamos ao descanso.
Á volta o Fabril quixo retomar o mando. Mardones daba o primero sinal. Pero o Rácing aguantaba, sólido, na procura dunha contra para resolver. Pero aí chegou a expulsión Álvaro Ramón (primeiro cartón no 54 e segundo no 66) e tocou sufrir. Porque os coruñeses foron arriba, mais con pouca claridade. A defensa de cinco dos verdes aguantou. E mesmo a ocasión máis clara, no que quedaba, foi racinguista logo dunha marabillosa xogada de Arroyo. No tempo de compensación, os locais pediron un penalti e Estévez buscouna desde lonxe para o Fabril, pero o porteiro Lucas non lla concedeu.
Cuarta vitoria do Rácing nos últimos cinco partidos. Engánchase arriba. A derrota afrouxa a marcha do Fabril.