Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril vence ao Real Unión con dous goles sobre a bucina (2-0)

O Fabril vence ao Real Unión con dous goles sobre a bucina (2-0)

Os coruñeses colócanse momentaneamente en postos de play off

Foto: @DeporCanteira
G24.gal 26/09/2026 21:48

O Fabril superou por dous a cero ao Real Unión de Irún en Riazor. O filial deportivista vai durmir en posto de playoff con oito puntos.

O partido foi moi igualado e a efectividade local na recta final decidíu o choque. O primeiro gol chegou no minuto 85 logo dunha boa condución de Koke que terminou cun gran centro que aproveitou Álvaro Fraga. O cabezazo, impecable, inauguraba o marcador.

Logo, no engadido, o cos irundarras envorcados buscando o empate, chegaría a sentenza nunha contra de Kevin Sánchez que finalizou Mardones para facer o dous a cero definitivo en Riazor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar