Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril deixa fuxir dous puntos contra o Coria en Abegondo (3-3)

O Fabril deixa fuxir dous puntos contra o Coria en Abegondo (3-3)

O filial tiña un 3-1 a favor no minuto 89

Os visitantes anotaron os seus tres goles a balón parado e levan un empate que os deixa tres puntos por riba

Foto: @CDCORIA
G24.gal 22/11/2026 18:12

O Fabril deixou fuxir dous puntos no engadido contra o Coria, un rival directo que sae vivo de Abegondo e cos tres puntos de renda que traía.

Os primeiros minutos de partido en Abegondo foron de tanteo, cos dous equipos intentando explotar as súas visrtudes. Así chegou o primeiro remate de Noé Carrillo desde a frontal, que saíu alto por pouco. Os escasos achegamentos do Coria chegaban a balón parado, como nunha falta que rematou Álvaro Domínguez en semierro, sen problemas para Hugo Ríos. Ou o córner do que saíu o primeiro tanto. Desta volta si aproveitou o balón morto Edu Llorente para remachar á rede.

O Fabril levaba a primeira labazada, pero non se descompuxo, que aproveitou o erro de Álvaro Domínguez nun intento de despexe que rematou en penalti por mans, para empatar o encontro. Foi Adri Guerrero, aínda que Javi Garrido rexeitou o seu lanzamento, o que recolleu o balón solto e marcou con carraxe.

A remonta local culminou ao pouco de volver do descanso, cun centro medido desde a esquerda de Xabi Campos que, en posición axustada, remataba de primeiras Íker Gil. O Fabril buscaba a sentenza, pero tivo que aparecer Hugo Ríos para salvalo cunha gran parada, xusto antes dunha caída na área de Mauro Valeiro que foi santionada outra vez con penalti. Desta volta, Adri Guerrero non errou desde os once metros para anotar o segundo da súa conta.

O Fabril era superior, e tivo ocasións para sentenciar o choque. Un remate de Martín Ochoa atrapouno Javi Garrido, que tamén gañou nun man a man con Kevin. Pero a máis clara foi unha volea que Guerrero lanzou fóra desde o segundo pau.

E así chegouse ao minuto 89 cando, outra vez nun córner, entrou polo liña de foindo Rafa Núñen e asistiu a Tapia, que marcaba no segundo pau. E comezaban os sete minutos de engadido, que o Coria aproveitou para empatar. Foi despois dun penalti cometido por Mardones, que chegou tarde ao despexe no vértice. Transformouno Rafa Núñez. O Fabril víase xa con tres puntos moi necesarios para sair do descenso contra un rival directo, pero terá que seguir pelexando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade