Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontevedra-Lugo, derbi no máis alto da Primeira RFEF (18:45h, G2 e AGalega.gal)

Pontevedra-Lugo, derbi no máis alto da Primeira RFEF (18:45h, G2 e AGalega.gal)

O Lugo chega a Pasarón como líder, con sete puntos de vantaxe sobre o Pontevedra

G24.gal 21/11/2026 15:30

O mellor derbi galego do momento. No alto da táboa. Rivais inspirados. E duelo entre dous técnicos galegos que profesan admiración mutua. Por como constrúe os equipos Borja, e polos deseños de partido de Rubén.

Sen Kevin Presa, Arturo Palma e Nájera e co regreso do internacional Embadje, o Lugo buscará reforzar o seu liderado. Porque malia a derrota da semana pasada, mantén 5 puntos de distancia sobre o segundo.

Fáltalle ao Pontevedra o seu máximo goleador: unha microrrotura muscular obriga a Alex Compa a descansar. Para regresar está Tiago Rodríguez logo de case un ano fóra por lesion. Os granates chegan no seu mellor momento. Gañaron 13 dos ultimos 15 puntos posibles.

A drenaxe de Pasarón tamén pasará exame, tralas primeiras choivas intensas.

Pouco céspede interviu nos goles cos que empataron a temporada pasada. Teñen especialistas para desafiar a física, e verémolo a partir das sete menos cuarto, na G2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar