O Obradoiro recibe mañá ao Xirona (12h, G2 e AGalega) na volta de Moncho Fernández ao Sar
Os santiagueses buscan a cuarta vitoria da temporada diante dun rival directo
Regresa Moncho Fernández ao seu lugar no mundo co aval de 13 anos inesquecibles. Xa que logo, mentir cando se fala de sentimentos non está ben. Sábeo Moncho.
Da man de Moncho Fernández regresa tamén a Galicia outro paisano, Isaac Vázquez, un xogador emerxente que gozará de máis ou menos minutos en función do estado físico de Maclang ou Jasel Pérez. Diego Epifanio ten moi en conta esta circunstancia.
O Xirona aínda non gañou como vistante. Un triunfo dos santiagueses colocaría a galegos e cataláns igualados con 4 triunfos na táboa clasificatoria. O presidente do Obradoiro asinaría este comezo no verán.
Mentres, confirman un reforzo interior: Maksin Salash. Nas próximas horas saberemos se pode entrar, ou non, na rotación de Diego Epifánio.