Publicador de contidos

Publicador de contidos

Maksim Salash, experiencia e versatilidade para o Monbus Obradoiro

Maksim Salash, experiencia e versatilidade para o Monbus Obradoiro

O ala-pivote bielorruso aterra en Santiago tras unha traxectoria internacional que inclúe experiencia na Liga Endesa e na EuroCup, ademais dunha destacada última campaña no baloncesto grego co Maroussi

Foto Obradoiro Foto Obradoiro
G24.gal 19/11/2026 18:13 Última actualización 19/11/2026 18:17

Aos seus 30 anos, Salash desenvolveu boa parte da súa carreira lonxe do seu país natal, pasando por ligas como a española, a francesa, a rusa e a grega. O seu percorrido inclúe tamén participación en competicións europeas como a EuroCup. Entre os equipos nos que militou destacan o San Pablo Burgos, o BC Nizhny Novgorod e o JL Bourg-en-Bresse.

A súa última etapa tivo lugar no Maroussi grego, co que disputou a tempada 2025/26. Alí asinou unha media de 12,5 puntos e 5,8 rebotes en 26,8 minutos por encontro, participando en 23 partidos da liga regular. Na presente tempada acumulaba 7,3 puntos e 4,7 rebotes de media.

A súa polivalencia en ataque, con recursos para facerse forte preto do aro e achegar tamén desde o perímetro, xunto coa súa capacidade reboteadora, permitirá ao Monbus Obradoiro incorporar novas alternativas ao seu xogo interior. Salash achegará así experiencia e versatilidade a un equipo que continúa perfilando o seu cadro de xogadores.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade