A Federación Española Balonmán repetirá sorteo de Copa do Rei para evitar suspicacias
Mentres os presentadores anunciaban o nome dos equipos que conformaban cada grupo, na pantalla apareceu o emparellamento entre o Eivissa e o Frigoríficos do Morrazo que posteriormente acabaría sendo o segundo enfrontamento desta rolda
A Federación Española de Balonmán (RFEBM) comunicou aos clubs que mañá, venres, volverá realizar o sorteo de la segunda fase da Copa do Rei para evitar suspicacias. Mentres os presentadores anunciaban o nome dos equipos que conformaban cada grupo, na pantalla apareceu o emparellamento entre o Eivissa e o Frigoríficos do Morrazo que posteriormente acabaría sendo o segundo enfrontamento desta rolda.
A reclamación da Federación Galega de Balonmán provocou que o ente presidido por Francisco Blázquez decidise anular o resultado do sorteo e repetilo mañá pola mañá, informaron a EFE fontes dos clubs galegos que estaban representados neste sorteo.
O Frigoríficos do Morrazo quedara emparellado con Eivissa, o Cisne co Proin BM Sevilla e o OAR Coruña co Villa de Aranda.