O Frigoríficos do Morrazo cae no Gatañal diante do Barça (28-37)
Os galegos aguantaron na primeira metade, pero na segunda o Barça sentenciou cun gran acerto no lanzamento
Cuarta derrota do Frigoríficos do Morrazo na Asobal. No Gatañal fíxolle fronte ó Barcelona na primeira metade do encontro. Os de Quique Domínguez lograron imprimir gran ritmo ó xogo. Ó descanso chegábase cunha diferencia de tres goles a favor dos visitantes.
Pero o segundo tempo foi blaugrana. O Barsa minimizou os recursos do Cangas que acabou perdendo 28-37. A destacar a porcentaxe de acerto no tiro dos blaugrana. Seif Mohamed, con nove goles, e Luis Frade, con 7, foron os máximos goleadores do partido sen errar un so lanzamento. Por parte do Cangas a anotación estivo moi repartida. Comandárona Martín Gayo e Boesen, con cadanseus catro tantos.