Cargando resultados...
O Porriño perde na pista do Beti Onak (26-21)
As porriñesas, sempre por detrás, quedan no oitavo posto con catro puntos
G24.gal
04/10/2026 12:00
Na cuarta xornada da Liga Guerreiras, derrota do Porriño ante un Beti Onak que amosou a súa forza ofensiva dende o comezo e ós quince minutos xa tiña unha vantaxe de cinco goles para chegar ó descanso catro arriba.
Sempre por detrás no marcador, as galegas lograron poñerse a dous tantos a falta de dez minutos. Pero a remonta foi imposible. Delfina Ojea foi a máxima goleadora do Porriño con seis goles. Segunda derrota do Porriño que é oitavo con catro puntos.