Cargando resultados...
O Porriño cae pola mínima en Pozuelo (22-21) e agrava a súa crise
As de Ismael Martínez acumulan seis derrotas consecutivas
G24.gal
15/11/2026 12:38
O Conservas Orbe Zendal Porriño atravesa unha situación complicada, logo de perder na pista do pechacancelas. É a sexta derrota seguida das porriñesas. O Pozuelo, sempre por diante no marcador, fíxose coa primeira vitoria da temporada.
Nos momentos nos que o marcador estivo máis axustado, mesmo igualado, como a dous minutos do final, o Porriño non foi quen de endereitar o rumbo. As galegas acababan de asinar un parcial de 0-3 que permitiu chegar a esa igualada. Pero Lucía Dalle anotaba o tanto do triunfo cando aínda faltaba minuto e medio. Ao final, 22-21, e nova derrota do Porriño.