Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Frigoríficos do Morrazo cae na difícil pista do Logroño (39-32) logo dunha gran primeira metade

O Frigoríficos do Morrazo cae na difícil pista do Logroño (39-32) logo dunha gran primeira metade

Os galegos foron por diante ata o descanso, pero lastrounos a efectividade rival no lanzamento

O Cangas suma dous puntos e está na penúltima posición

Foto: @ciudadlogronobm
G24.gal 25/10/2026 11:33

O balonmán Cangas competiu ben na primeira metade na pista do Logroño, un rival da zona alta da táboa. Saíron ben os de Quique Domínguez, que foron por diante no marcador durante practicamente toda a primeira metade, cunha vantaxe de ata cinco goles.

Apareceu entón o porteiro local, Xoán Ledo, e o galego meteu os seus no partido. Fixo posible un parcial de 5-0, que lles permitiu aos rioxanos chegar con vantaxe mínima ao descanso (17-16).

A segunda metade foi diferente. O Cangas non foi quen de manter o ritmo anotador dos locais, que remataron cunha gran efectividade: Miguel Martínez anotou 9 goles en 11 lanzamentos, Álvaro Martínez 7 de 8, e Oriol Zarzuela 6 lanzamentos sen erro. Grazas a eles chegou o parcial de 7-1 (28-22), que xa resultou definitivo.

O Cangas queda con dous puntos logo dunha única vitoria nas sete primeiras xornadas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade