O Río Breogán cae no Pazo diante do Unicaja (90-103) nun partido espectacular
É a segunda derrota consecutiva do equipo lugués
Un parcial de 0-13 favorable o Unicaja, xunto coas 18 perdas de balón do Breogán acabaron por marcar as diferenzas entre lucenses e malagueños tras corenta minutos de puro espectáculo.
No que Francis Alonso con once puntos fixo fronte o xogo coral dos visitantes con dez anotadores distintos que lles deron dous puntos de vantaxe o final do primeiro cuarto.
Pero nun abrir e pechar de ollos no segundo pasouse do 36-39 a un 36 52 grazas o acerto de Perry, con trece puntos e tres triplas neste período, no que os de Vidorreta chegaron alcanzar unha máxima renda de dezaoito puntos.
Contra todo eso tivo que repoñerse o Breogán na segunda metade.
Xogada a xogada, os de Casimiro foron reducindo a desvantaxe liderados por un Francis Alonso excepcional con once puntos e tres de tres nas triplas que levaron o seu equipo o 71-82 o final do terceiro cuarto.
O Breogán impulsado polos vos de Brankovic con oito puntos neste treito, foi rebaixando a diferenza ata os catro puntos, 88-92, a 2.41 para o final grazas a un parcial de 9-0 que alimentou o soña da remontada.
Sen embargo, dúas perdas e o cinco puntos de Perry para un total de 24 acabaron por certificar a vitoria malagueña ante un Breogán que remou contra corrente para morrer na beira.