O Leyma Coruña perde no treito final un igualado partido en Murcia (88-81)
Entre Verge (25), Jorgensen (20) e Conditt (17) sumaron 62 dos 81 puntos do equipo
Na liga Endesa, o Leyma Coruña perdeu na pista do UCAM Murcia por 88-81. Derrota galega, nun encontro no que tivo opcións ata o minuto 39.
A igualdade marcou a cita desta quinta xornada. O Leyma exhibiu un nivel de xogo moito mellor que o amosado nos dous partidos precedentes. Agás o 11-1 aos 3 minutos, os de Carles Marco aferráronse ao encontro en todo momento. No descanso foi o Leyma o que pechaba tres arriba. O acerto nas triplas do Murcia volveu poñer ós locais con vantaxe pero o Leyma tivo resposta. Jorgensen castigou desde o perímetro e Alonzo Verge, con accións individuais, mantiña a incerteza. Porén, dúas xogadas seguidas de canastra e adicional do Murcia a pouco máis dun minuto do final facían esvaecer as opcións de triunfo coruñés.