Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cruel derrota no Metropolitano dun Deportivo que mereceu acabar coa seca (1-0)

Cruel derrota no Metropolitano dun Deportivo que mereceu acabar coa seca (1-0)

O equipo galego gozou de grandes ocasións, incluída unha clarísima no último segundo que non aproveitou Kevin

Decidiu un gol solitario de Julián nada máis copmezar a segunda metade

G24.gal 24/10/2026 22:58

O Deportivo saiu moi ben ao partido, e na primeira metade achegouse con máis perigo co Atlético. Unha primeira ocasión de Nsongo aos cinco minutos deixaba claro que os coruñeses ían sen complexos.

Contra a media hora ía chegar a xogada máis clara do cadro de Hidalgo. Unha falta desde a esquerda rexeitábaa Oblak, pero deixaba o balón solto para o remate de Amatucci. De xeito milagreiro para os colchoeiros, o porteiro sacou co calcaño o 0-1.

As primeiras accións de perigo dos de Simeone, que comezaban a recibir apupos da bancada, chegaron preto do descanso. Primeiro Kang in Lee disparaba alto. Despois foi Hjulmand o que probou fortuna, xusto antes do descanso.

A volta de pausa chegou tanto que abría a conta, e levou a signatura de Julián Álvarez, Un 1-0 que non facía xustiza ao visto sobre o céspede. O Deportivo buscou a igualada, e foi medrando co paso da segunda metade, pero non atopaba o camiño do gol.

O Altético agardaba polas súas opcións, e Julián tivo unha boa aos 70 minutos que salvou Román. Despois foi Sorloth o que rematou preto do pau coruñés. E logo Giuliano entrou desde a trás para cabecear un centro que detivo outra vez o porteiro.

Chegou o encontro ao treito final e o Deportivo meteu aos madrileños na súa área, cunha longa ocasión con disparo de Luismi, outro de Alti e un centro final que se paseaba pola área. E un centro de Traoré xa no engadido empalouno Kevin desviado. Tamén o intentou Asp Jensen, pero a pelota saía desviada. Pero a máis clara ía chegar no 94. Logo dun córner que mesmo subiu a rematar Román, o pase da morte de Traoré rematouno Kevin. Pero, con Oblak no chan, o balón saiu cara o porteiro que blocou o tiro. Remataba o partido co 1-0. O Deportivo suma seis xornadas sen gañar, pero deixou unha gran impresión no Metropolitano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos