Publicador de contidos

Publicador de contidos

A mocidade católica reuniuse en Santiago nunha xornada de convivencia e oración

A mocidade católica reuniuse en Santiago nunha xornada de convivencia e oración

Uns 500 mozos chegados dende toda España participaron no encontro que organizou a delegación prá Xuventude da Arquidiocese compostelá

Chegaron dende as parroquias que puxeron en marchao programa Life Teen que ten por obxetivo evanxelizar aos adolescentes

G24.gal 24/10/2026 22:34

Chegaron coas súas parroquias dende distintos puntos de Galicia, pero tamén doutros lugares do resto de España. Son mozos que participan nas actividades do programa Life Teen que ten por obxetivo olescentes.

Uns cincocentos xuntáronse en Santiago nunha xornada de convivencia.

"Traer esperanza, traer un momento de unión e oración, que tamén é moi importante rezar neste tempo, e dar testemuño da fe e da alegría que compartimos", explica Javier Lillo, Diácono da arquidiocese de Madrid.

"Na miña casa está sempre moi presente, entón atopar persoas que teñan esa mesma vocación é bonito e enche a cada un como persoa".

"Para xuntarse nun círculo de xente que practica a fe con normalidade, porque estamos nun momento que é incluso raro".

"Coñecer xente, outras vocacións, sobre todo xente nova que é moi bonito coñecer xente nova que estea tan preto de Xesús".

Un encontro que se enmarca nas actividades que organiza para os mozos a arquidiocese compostelá, pero que tamén é un avance dos actos que a mocidade católica prepara para o ano Xacobeo.

"Está tamén en marcha unha peregrinación grande, non sei se a nivel nacional ou europeo, aquí a Santiago. Son oportunidades para xuntarse, para celebrar a vida", di Javier Lillo.

A xornada comezou cunha sesións de xogos para fomentar a interacción entre os participantes que despois tiveron tempo para a reflexión e o debate.

O encontro rematou coa Adoración Eucarística presidida polo arcebispo Francisco José Prieto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade