Publicador de contidos

Publicador de contidos

León XIV agradece en San Pedro o apoio recibido durante a súa convalecencia

León XIV agradece en San Pedro o apoio recibido durante a súa convalecencia

O pontífice reapareceu no Vaticano tras a súa intervención de cancro de pulmón

Tras o rezo do Angelus, anunciou que vai retomar as súas actividades de xeito gradual

directo O Papa nunha fiestra do Pazo Apostólico. REUTERS/Stoyan Nenov
G24.gal 18/10/2026 12:39 Última actualización 18/10/2026 13:23

León XIV afirmou este domingo tras o rezo do Angelus que retomará de xeito gradual a súa actividade e agradeceu o apoio que recibiu durante a súa operación e convalecencia por un adenocarcinoma pulmonar.

"Unha vez superada esta difícil etapa, como saben, retomarei gradualmente as miñas actividades, sempre coa axuda de Dios e as súas oracións", dixo o pontífice nunha alocución máis curta do habitual nesta pregaria dominical.

Ante milleiros de persoas congregadas na praza de San Pedro, o Papa asegurou que "esta experiencia" lle permitiu sentirse "especialmente preto de quen padece enfermidades e discapacidades".

"Grazas a todos e bo domingo!", concluíu desde a fiestra dos seus aposentos no Pazo Apostólico.

Un grupo de monxas aclama o pontífice. REUTERS/Matteo Minnella Un grupo de monxas aclama o pontífice. REUTERS/Matteo Minnella

León XIV, de 71 anos, reapareceu no mesmo escenario onde hai unha semana anunciou que debía someterse a unha intervención por mor dun nódulo que tiña no pulmón.

Tras a cirurxía, que se lle practicou o pasado 13 de outubro no hospital Gemelli de Roma, confirmáronlle que se trataba dun adenocarcinoma, un tipo de cancro, polo que se lle extirpou todo o lóbulo inferior do pulmón dereito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade