Publicador de contidos

Publicador de contidos

O SAVA da arquidiócese de Santiago recibe 15 denuncias de vítimas de abusos

O SAVA da arquidiócese de Santiago recibe 15 denuncias de vítimas de abusos

Así o informaron o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández, quen animou as vítimas a denunciar, aínda que "pasasen moitos anos"

G24.gal 26/11/2026 14:21 Última actualización 26/11/2026 14:42

O Servizo Diocesano de Prevención e Atención de Abusos a Menores, Persoas Vulnerables e as súas Familias da Arquidiocese de Santiago contabilizou 15 denuncias por casos de abusos no ámbito da Igrexa desde 2024, cando comezou a funcionar, entre as que figuran "casos actuais" de menores e outros "históricos".

Así o informaron este xoves nunha conferencia de prensa celebrada na Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela, na que participaron o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández, quen animou as vítimas a denunciar, aínda que "pasasen moitos anos"; o coordinador do Servizo, Luis García Bernadal, e a portavoz, Milagros Otero.

O arcebispo quixo "recoñecer o dano" causado pola Igrexa "cando fallou", ao considerar que o seu deber é "protexer e responder" ao que as vítimas querían contar. "Por iso, pedimos perdón", manifestou.

"Quen acode ao noso servizo diocesano pode contar o vivido ao seu ritmo, saber que pasos pode dar e ter unha persoa de referencia á que acudir despois do primeiro encontro ou conversa", apuntou. Así mesmo, afirmou que deben estar dispostos a escoitar o que as vítimas teñen que dicir sobre "as propias actuacións" da Igrexa e a "corrixir" o que sexa necesario.

Durante a conferencia de prensa tamén salientaron que a Igrexa "quere facerse responsable de todos os casos de abuso". Desde a posta en marcha do Servizo, se produciron dous casos nos que persoal da Igrexa foi apartado. Entre os casos rexistrados tamén hai "algún" relacionado co ámbito educativo, que é competencia do Servizo porque "é responsabilidade da Diocese".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade