Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restauran a Capela dos Ollos Grandes, unha xoia do barroco galego

Restauran a Capela dos Ollos Grandes, unha xoia do barroco galego

Comezan os traballos na catedral de Lugo, coincidindo co tricentésimo aniversario desta obra de Casas Novoa 

Restauración do florón du cupuliña da capela
Félix Aragunde 17/11/2026 14:26

A primeira pedra da Nosa Señora dos Ollos Grandes colocárase en 1726. Xusto tres séculos despois, a diocese de Lugo iniciou unha restauración integral da capela, que preside o deambulatorio da catedral lucense. Acomete os traballos un equipo de tres profesionais, que xa está a recuperar a cúpula de granito, de 23 metros de altura, deseñada por Fernando de Casas Novoa. 

"Agora eu estou arriba, na cupuliña, recuperando unha policromía orixinal que estaba oculta baixo un repintado de finais do século XIX. Remata a cúpula interiormente cun florón en pedra tamén repintado, e aparece pan de ouro. Os meus compañeiros están un pouco máis abaixo, onde arranca a cúpula central, a 17 metros de altura. O que están facendo é eliminar todas as capas, unha de pintura plástica aplicada nos anos 70 e as diferentes capas de cal disgregadas", explica Vania López, directora técnica do Centro de Conservación e Restauración San Martiño de Ourense. 

O proxecto contempla tamén a restauración do impresionante baldaquino da capela, de madeira tallada e dourada, e mais a propia imaxe da Virxe dos Ollos Grandes, de granito policromado. En total, estímase que os traballos se poidan prolongar un mínimo de dez meses. 

"Unha vez que estea toda a arquitectura limpa e recuperada, imos restaurar o baldaquino, unha peza moi importante que dará un cambio moi brusco. Está moi sucio, con vernices oxidados e repinturas por algunha zona. E despois, habemos restaurar a Virxe, unha talla en pedra de entre os séculos XIV e XV. Faremos diferentes catas para ver o que aparece, intentaremos recuperar a súa policromía e veremos unha Virxe moito máis limpa e luminosa", engade a directora dos traballos. 

Con esta restauración, preténdese que a capela que alberga a patroa de Lugo recupere o esplendor co que fora concibida hai agora 300 anos. 

O baldaquino barroco envolve a talla baixomedieval en pedra policromada O baldaquino barroco envolve a talla baixomedieval en pedra policromada
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade