Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vaga de roubos en igrexas da zona de Ortegal

Vaga de roubos en igrexas da zona de Ortegal

En dous meses entraron en máis de 15 igrexas para levar cartos

Sospeitan que os autores dos roubos son os mesmos en todos os templos porque utilizan o mesmo modus operandi

G24.gal 22/10/2026 14:10

En dous meses, máis de 15 roubos. Todos na zona de Ortegal e todos en igrexas. Sospeitan que se trata dos mesmos autores, porque o modus operandi é igual en todos os templos.

Entran de noite forzando a porta, nalgúns casos deixando danos considerables, e van directos aos cartos. Levan o que atopan nos petos e marchan. A comunidade relixiosa non esconde a preocupación por uns feitos que xa están denunciados na Garda Civil. Actuaron en Templos de Cariño, Ortigueira, San Sadurniño e Cedeira.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade