Os ladróns asáñanse cunha churrería da Coruña
O negocio sufriu dous roubos en sete días, e o autor xa foi detido
Axentes da Policía Científica afánanse na recollida de pegadas nunha churrería da rúa Ramón y Cajal da Coruña tras o roubo sufrido esta madrugada.
"Coa tapa do sumidoiro rebentaron o cristal. Trataron de levar a caixa rexistradora enteira, o monitor quedou estragado e o caixón apareceu unhas rúas máis aló", explica Yniris Douranian, propietaria de Don Churro.
O botín que levou... as moedas que Yniris deixara para o cambio do día seguinte.
"Vinte ou trinta euros... Pero son peores os danos materiais e os morais porque eu agora teño un medo terrible".
Porque foi o segundo nunha semana.
"A semana pasada tiveron sorte de conseguir cartos. En efectivo, polo menos, dous mil euros. Pero agora xa non deixamos nada. Creo que os mércores pola noite voume quedar no local."
Con esta situación, di que non sabe que será do seu futuro profesional.
"Que fago eu agora? Penso en tantas cousas...".
Desta volta, o ladrón xa foi detido. Axentes da Policía Local collérono na allada e prendérono.