Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novos roubos co método da semente fronte a supermercados de Ferrolterra

Novos roubos co método da semente fronte a supermercados de Ferrolterra

Denunciáronse casos en superficies comerciais de Fene e Narón

Un ladrón distrae o condutor mentres outro rouba no coche

G24.gal 22/10/2026 14:42 Última actualización 22/10/2026 15:10

Unhas moedas no chan serviron como 'semente' ou distracción para roubarlle o bolso a unha condutora diante deste supermercado de Fene. Feitos moi similares aos que se produciron recentemente en varias superficies comerciais de Narón. Caer na trampa é sinxelo, tal e como advirte a Garda Civil:

"Seleccionan a vítima e séguena ata o vehículo cando remata a compra. Alí un dos delincuentes encárgase de despistala".

Despista a vítima tirando unhas chaves ou cartos ao chan para chamar a súa atención e que saia do auto para axudalo. Mentres, o outro delincuente aproveita para roubar o bolso ou calquera obxecto de valor que quedara á vista no coche. Por iso, o consello máis básico é usar os seguros dos vehículos e gardar sempre as cousas no maleteiro.

Os estafadores adoitan actuar en aparcadoiros de superficies comerciais. Lugares onde cómpre ser precavidos se un descoñecido quere que baixemos do coche. Malia que os últimos casos se denunciaron en Ferrolterra a sementeira de vítimas esténdese por Galicia desde hai un tempo. Motivo polo que a Garda Civil pide extremar a precaución, tamén en caixeiros, o segundo lugar favorito para cometer a estafa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade