Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen en Vigo unha banda que estafaba negocios de compravenda de ouro con xoias falsas

Deteñen en Vigo unha banda que estafaba negocios de compravenda de ouro con xoias falsas

Trataban de empeñar pezas bañadas en ouro pero que en realidade eran de outros materiais

Nas tendas están afeitos a facer comprobacións minuciosas para detectar posibles fraudes

G24.gal 22/10/2026 14:48 Última actualización 22/10/2026 15:16

Non é ouro todo o que reloce. A Policía Nacional detivo en Vigo tres homes acusados de formaren unha banda itinerante que estafou negocios de compravenda de xoias en diferentes lugares de España. En Galicia actuaron tamén na Coruña, Santiago, Ourense e Pontevedra. Supostamente, empeñaban xoais que facían pasar por ouro pero que en realidade eran doutros materiais. É algo que ven con certa frecuencia neste sector.

"Con moita frecuencia, máis da que nos gustaría. Si que é habitual que traten de coar xoias con ouro que realmente non son ouro", confirma Pablo Rodríguez, encargado dunha tenda da cadea Oro Express en Vigo, mentres revisa as pezas que trouxo para vender unha clienta.

Os detidos en Vigo utilizaban sempre o mesmo método. Trataban de empeñar as xoias, en lugar de vendelas porque saben que nese caso ás pezas non se lles poden facer algunhas probas.

"Porque os empregados das tendas nos as poden danar demasiado, co cal ó raspado é superficial", explica a portavoz da Comisaria da Policía Nacional de Vigo-Redondela, Estela Otero.

"Danlles un baño moi groso de ouro para que nas probas do rascado e co ácido se manteña a marca perfecta, xa que hai probas que nun empeño non podes facer, como pasarlle unha lima á peza porque estropearías a xoia", completa Pablo Rodríguez, de Oro Express.

A Policía requisou corenta xoias falsas: colares, aneis, pendentes e colgantes. Calculan que a fraude puido sumar 19.500 euros. Os tres homes foron detidos en Vigo despois de intentar outra estafa nun negocio da cidade. Trataton de fuxir nun coche pero foron interceptados polos axentes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade