Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cúmprense trinta anos do primeiro xuízo con xurado en Galicia

Cúmprense trinta anos do primeiro xuízo con xurado en Galicia

Membros dun xurado valoran a experiencia como positiva pero "impresiona"

G24.gal 22/10/2026 14:45 Última actualización 22/10/2026 15:13

Son os rostros, anónimos por lei, dos membros do primeiro xurado popular en Galicia. Arrancaba unha nova forma de traballar, e de falar. 

"Temos que cambiar o chip e usar unha linguaxe máis cercana e máis sinxela, evitando os tecnicismos que son innecesarios e poder explicar o que é unha aleivosía ou unha prevaricación", recoñece Cristina Margalet, Fiscala da Área de Santiago.

Palabras que teñen que estar ben explicadas porque en fronte hai nove homes e mulleres, con piedade non coma os da película, pero que non saben de leis.

"A sociedade sofre máis cun inocente no cárcere que cun culpable na rúa", recorda unha xuíza.

"Impresiona bastante cando che dna unha responsabilidade tan grande que pode levar a unha persoa o resto da sua vida ao cárcere. No meu caso era unha persoa maior á que acusaban de asasinato", confesa Jesús Muíño, membro do xurado.

Convocan un mínimo de 20 persoas, das que seleccionan nove titulares e dous suplentes, con causas máis obxectivas e outras máis subxectivas. 

"O máis importante nos membros dun xurado, independentemente da idade, d sexo ou das profesións, é que queiran estar aí", salienta a fiscala.

"O que fago é buscar pluralidade, homes e mullere, xente nova e maior, con carreira universitaria e sen ela", explica Manuel Ferreiro, Avogado penalista

Pídeselles neutralidade, cinguirse ás probas, pero hai casos, como puido ser o de Asumpta ou o do Chicle, a contaminación mediática é inevitable. 

"Pedinlles que se desinfectaran. Non sei se se puideron desinfectar porque aquí mesmo o privaron de nome e apelido, 'O Chicle', apela a avogada de José Enrique Abuín Gey.

"Cando hai un xuízo con repercusión mediática a xente busca unha condena exemplar. Como vas para a casa cando toda a sociedade está condenando a esa persoa?", advirte Ferreiro.

Ante un xurado popular, as emocións gañan peso. Fálase con palabras, pero tamén coa linguaxe xestual.

"Si que buscas ese contacto, non só coa linguaxe, senón tamén a través das emocións", recoñece a que foi fiscala no caso do 'Chicle'.

Son horas e horas de testemuñas, forenses, policías, nas que os membros do xurado van collendo notas.

"Observamos moito as probas periciais, foron as máis esenciais. Repasamos as notas unha chea de veces porque nun informe apreciabas unha cousa e noutro, apreciabas outra ata chegar ao veredito", admite Muíño.

"O xurado, por unanimidade ou maioría de votos, atopamos ao acusado, non culpable", confirma o voceiro daquel xurado. 

Como parte dese veredicto, confesa alivio porque aquela muller acusada de matar o home saíu absolta. Do contrario, o recordo sería outro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade