Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declarado culpable de homicidio "en lexítima defensa" o autor dun acoitelamento en Ourense

ÚLTIMA HORA

Declarado culpable de homicidio "en lexítima defensa" o autor dun acoitelamento en Ourense

A Fiscalía solicitou para o acusado doce anos de prisión fronte aos catorce que pedía inicialmente

G24.gal 24/11/2026 19:33 Última actualización 24/11/2026 19:40

O xurado popular declarou culpable dun delito de homicidio "coa concorrencia da atenuante de lexítima defensa" o acusado de apuñalar un mozo no casco vello de Ourense en novembro de 2024, á espera de que o tribunal redacte a sentenza definitiva coa contía exacta da pena.

Os nove integrantes do tribunal tomaron a decisión despois dun día e medio de deliberacións e acolleron a tese da Fiscalía sobre o delito de homicidio, aínda que aplican a atenuante de lexítima defensa tras ter en conta as declaracións das testemuñas e do propio acusado durante o xuízo.

O xurado popular descartou a suspensión da pena e o indulto do acusado.

Tras a lectura do veredicto, a Fiscalía solicitou para o acusado doce anos de prisión -fronte aos catorce que pedía inicialmente- ao ter en conta a atenuante simple de lexítima defensa e solicitou que se manteña a responsabilidade civil para a nai do falecido e para o irmán da vítima.

Pola súa banda, a acusación particular pediu doce anos e seis meses de cárcere, mentres que a defensa, que sostiña no xuízo que actuara en lexítima defensa, solicitou un máximo de dez anos para o procesado.

Os feitos remóntanse á madrugada do 24 de novembro de 2024, cando a vítima se atopaba na zona de ocio nocturno, no casco vello de Ourense, celebrando o seu 21 aniversario, e sufriu o ataque que lle custou a vida.

Segundo o escrito de acusación, os dous protagonizaron unha discusión cando se atopaban nun pub, que continuou posteriormente na rúa.

Nun momento dado, o acusado marchou rúa abaixo e a vítima empezou a perseguilo. Foi entón cando o acusado sacou unha navalla duns vinte centímetros do peto e o apuñalou, o que lle provocaría a morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade