Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopado sen vida o home de 90 anos desaparecido en Vilagarcía de Arousa

Atopado sen vida o home de 90 anos desaparecido en Vilagarcía de Arousa

Foi un membro de Emerxencias de Vilagarcía de Arousa quen conseguiu dar co desaparecido

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 24/11/2026 16:36 Última actualización 24/11/2026 16:54

O home de 90 anos de Vilagarcía de Arousa que se atopaba desaparecido dende este luns foi atopado sen vida. 

Segundo informou o 112, sobre as 19:20 horas deste luns, recibiuse o aviso da desaparición do nonaxenario na contorna da rúa de Camilo José Cela.

Nese mesmo momento, púxose en marcha un operativo de busca en que participaron a Policía Nacional, Emerxencias de Vilagarcía de Arousa e os cans de rescate e salvamento de Galicia (CASAGA).

A busca finalizou onte con resultado negativo, pero este martes, arredor das 15:30 horas, un membro de Emerxencias de Vilagarcía de Arousa conseguiu dar co desaparecido, aínda que xa falecido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade