Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil localiza en bo estado unha muller de 83 anos desaparecida en Caldas de Reis

A Garda Civil localiza en bo estado unha muller de 83 anos desaparecida en Caldas de Reis

A muller atopábase no polígono industrial de Saiar, xunto á estrada N-640, a aproximadamente 1.600 metros do lugar onde fora vista por última vez

G24.gal 23/11/2026 20:06

A Garda Civil localizou en bo estado unha muller de 83 anos que desaparecera a pasada madrugada, tras abandonar un hotel de Caldas de Reis arredor da 1.00 horas.

O achado produciuse ás 19.40 horas grazas ao dron do equipo PEGASO da Garda Civil, equipado cun sensor térmico nocturno, que permitiu detectar a muller no interior das instalacións dunha empresa. Estaba sentada nun banco, nun habitáculo interior.

A muller atopábase no polígono industrial de Saiar, xunto á estrada N-640, a aproximadamente 1.600 metros do lugar onde fora vista por última vez.

Unha ambulancia medicalizada desprazouse ata o lugar para avaliar o seu estado e prestarlle a asistencia sanitaria necesaria.

No dispositivo de busca participaron efectivos da Garda Civil, Protección Civil, Policía Local, persoal do municipio e outras persoas que se sumaron ás tarefas de localización.

A Garda Civil agradeceu a colaboración de todas as persoas que participaron no operativo e destacou que o traballo coordinado permitiu finalizar a busca co mellor resultado posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade