Cargando resultados...
Aparece san e salvo o octoxenario desaparecido en Moaña
O home desapareceu cando foi dar un paseo despois de xantar, arredor das 17:00 da tarde do sábado
G24.gal
15/11/2026 13:42
José Costa Gallego, o señor de 86 anos desaparecido este sábado, apareceu san e salvo preto da Casa do Concello este domingo.
O home desapareceu cando foi dar un paseo despois de xantar, arredor das 17:00 da tarde.
A súa familia saíu na súa procura polos lugares que adoita frecuentar sen éxito. Así, informaron á Garda Civil para iniciar un proceso de busca que se prolongou durante a madrugada deste domingo, e na que participou o Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA mediante a incorporación de drons.