Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un home de 80 anos que desapareceu durante a Feira de Santos en Monterroso

Buscan un home de 80 anos que desapareceu durante a Feira de Santos en Monterroso

Pablo Domingo Hermida Sa ten oitenta anos e é veciño da Coruña

A familia búscao desde a media mañá do domingo 

 

 

G24.gal 02/11/2026 14:11

"Eu penso que o deberon secuestrar para quitarlle os cartos". "Máis de 200 non levaría, como iamos comprar o polbo, pero non sei", di Odila.

Odila non se separa do teléfono. Desde onte á tarde seu irmán non contesta. Foron xuntos á Feira de Santos en Monterroso, pero, unha vez alí, el nunca volveu de estacionar o coche.

"Sobre as once ou así deixou a súa irmá Odila e foi aparcar e xa non regresou. Ela empezou a chamar ás 12:20, pero o teléfono non ía. Hoxe á mañá si que soa". "Estivémolo buscando de noite, andou buscando a Garda Civil de Monterroso. Fomos a Palas de Rei poñer a denuncia e non temos noticias".

"Se a el lle fose mal, aparecería o coche, pero nada, eu creo que o teñen retido", di Montse, unha amiga da familia.

Pablo Domingo Hermida Sa vive na Coruña, ten 80 anos e mide 1,65. No momento da desaparición vestía xersei e pantalón azul e conducía un Dacia Sandero de cor branca. 

"Móvese un pouco mal das pernas, pero tiña o seu sentido e todo. Tiña algo de depresión, pero non era capaz de facer nada raro".

A Garda Civil continuaba esta maña a súa busca por Monterroso, sen éxito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade